31/3/08

Gonzalo Moure, coas Mariñas Lectoras



Gonzalo Moure visita Galicia con frecuencia... seica é un dos autores máis lidos e tamén máis queridos polos lectores e lectoras. Polo que contan As Mariñas Lectoras, a visita de Gonzalo ao IES As Mariñas, de Betanzos, foi un acto moi especial, unha verdadeira experiencia de comunidade lectora.

2 comentarios:

Biblioteca dijo...

O encontro con Gonzalo Moure foi íntimo. Só "As Mariñas lectoras" e o autor.
Algún dos membros do club nunca tivera tan preto un escritor. Levavan preguntas preparadas; outras xurdiron dun xeito expontáneo por mor da cercanía.
Con que palabra definiriamos a nosa vivencia con el?: ESPECIAL.
E a el parece que tamén lle gustou como puidemos ler no seu comentario no blogue da biblioteca.

Anónimo dijo...

Gonzalo Moure foi, dos autores que visitaron ata agora o noso clube de lectura, o máis comunicativo, o máis cercano. E desde logo, as tres horas que pasamos falando con el, das súas historias, do Sáhara e de innumerables cousas máis fixéronsenos curtísimas. Definitivamente, especial é a palabra idónea para definilo.
Só esperamos que cumpla a promesa de voltar a visitarnos.
Saúdos dende Silleda.
Unha alumna.