7/5/09

Xornada dos Clubs de Lectura - 2009

O 5 de xuño de 2009 terá lugar en Santiago de Compostela, nas instalacións da EGAP (Escola Galega de Administración Pública) a XORNADA DOS CLUBS DE LECTURA correspondente ao curso 08/09. Participará o profesorado que coordina os 149 clubs de lectura que resultaron seleccionados na convocatoria da entón Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, de 31 de outubro de 2008, para incentivar o funcionamento de clubs de lectura en centros que matriculan alumnado de ensino secundario, bacharelato, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial (Resolución do 30 de decembro de 2008).
Esta xornada formativa pretende ser un espazo para o intercambio de experiencias e a reflexión conxunta en relación coas fórmulas máis axeitadas para a consolidación de hábitos de lectura e a mellora da competencia literaria do alumnado xove. Está prevista a participación da escritora Rosa Aneiros, a profesora da UAB, Mireia Manresa, e Mercedes Caballud e Carmen Carramiñana, as responsables do programa Leer juntos, experiencia aragonesa de longa traxectoria, amplo recoñecemento e notable influencia en moitas iniciativas posteriores de traballo de fomento da lectura coas familias. haberá tamén unha Mesa de experiencias con participantes de varios dos clubs de lectura de centros de ensino de Galicia.

3 comentarios:

Socas dijo...

Me encantaron las jornadas. Vine para Ferrol con muchas ideas para nuevas iniciativas. Gracias por todo, Pilar y Cristina. La experiencia aragonesa me dejó muy conmovida.
El martes día 9 viene a nuestro Club de Lectura nuestro primer autor, Joan Manuel Gisbert. Estamos un poco nerviosos por la novedad pero ilusionadísimos. Ya os contaré como salió todo.

Dept.Biblioteca dijo...

" Os trasnos dos libros": Os cafés, o xantar, como marco de intercambio de experiencias máis directo e informal pero máis productivo pareceume estupendo. Parabens para as organizadoras e por favor, máis encontros, volvemos ás bibliotecas coas pilas cargadas e novas enerxías... que as necesitamos!!!!

Cristina Novoa dijo...

grazas polas vosas palabras... trankis... que xa andamos coas xornadas de outubro....